O home falecido en Melide puido perder o control do coche
Apenas unha hora antes que o da Estrada rexistrábase en Melide o segundo accidente mortal desta noite negra en Galicia. Neste caso o falecido é un home de 37 anos que, ao parecer, non levaba posto o cinto.
Apenas a dous quilómetros da localidade coruñesa de Melide. O tráxico accidente ocorreu nesta estrada, a AC-840, no quilómetro 48, dirección a Betanzos. Parece que o coche bateu contra esta gabia, o que provocou que quedara envorcado no medio da estrada.
Os veciños da zona explican que escoitaron un forte ruído e viron como a furgoneta estaba envorcada no medio da estrada invadindo o carril contrario. Foi o condutor doutro coche, que circulaba en dirección a Melide, o primeiro en decatarse do accidente. De inmediato avisou a emerxencias. Parece que o condutor perdeu o control do vehículo provocando a saída da estrada.
Ata o lugar achegáronse a Garda Civil e persoal sanitario do PAC de Melide que nada puideron facer para salvarlle a vida.