CRTVG

Buscar

O detido por acoitelar a súa ex-parella en Vimianzo recibe a alta e ingresa en prisión

Publicado o 22/05/2019 21:26

• Permanecía ingresado mentres se recuperaba no CHUAC

• Non poderá comunicarse por calquera medio coa vítima

• A muller recibiu a alta na tarde deste mércores

 

Javier Miñones, o home que acoitelou, presuntamente, a súa ex-parella en Vimianzo, xa está no cárcere de Teixeiro. A xuíza tomoulle declaración no hospital e esta tarde, tras dárenlle a alta, foi directo á prisión.

Ingresou en prisión sen fianza acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa. Ata esta tarde estivo ingresado no hospital, a onde a xuíza que leva o caso foi persoalmente tomarlle declaración. Con respecto a este caso hai outra novidade. Á súa vítima, Montse, de 48 anos, veciña de aquí, de Vimianzo, déronlle a alta esta mesma tarde, e xa se recupera cos seus.

Fai unha semana xusta da agresión, e Montse, a muller acoitelada, xa está na casa. A súa evolución foi rápida, e aínda que lle queda a tempo para recuperarse por completo, os médicos déronlle a alta este mércores.

O seu agresor, Javier Miñones, ingresou xa no cárecere de Teixeiro. Levaba tamén unha semana hospitalizado, despois do seu intento de suicidio. A xuíza desprazouse ata o propio hospital para tomarlle declaración, e decidiu que tan pronto puidera abandonar o centro debía ingresar no cárcere, en prisión provisional sen fianza. Impútalle un delito de homicidio en grao de tentativa, que segundo o código penal, implicaría entre cinco e dez anos de prisión.

Ademais, ten prohibido comunicarse por calquera medio coa súa ex-parella, á que lle asestou sete coiteladas no pescozo o mércores da semana pasada.

Con estas dúas noticias Vimianzo intenta volver pouco a pouco á normalidade. Nas últimas horas abriu de novo a oficina de Unións Agrarias onde se produciu a agresión, que ata agora estaba precintada pola policía.





 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019