CRTVG

Buscar

O home detido en Fuengirola por matar a súa ex-parella pasa a disposición xudicial

Publicado o 14/01/2019 15:46

Pasou a disposición xudicial o home detido en Fuengirola, Málaga, como suposto asasino da súa ex-parella.

O detido, de orixe alemá, foi trasladado hoxe pola maña ao Xulgado de Violencia sobre a Muller da localidade. A policía detívoo o pasado sábado cando acudiu a un hospital con feridas. A muller foi atopada con feridas de arma branca no domicilio famliar, despois de que o fillo da parella, de 16 anos, saíra da casa pedindo auxilio. Tamén o rapaz precisou atención médica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019