O home de Ourol que salvou a vida da nai dun incendio agradece as mostras de solidariedade
Esta mañá aínda fumeba a casa en que vivían Xosé Ramón Cal e a súa nai na parroquia de San Pantaleón, en Ourol.
Eran as seis da mañá de onte e os dous estaban durmindo cando o fillo acordou porque lle cheiraba a fume. Cando abriu a porta do cuarto en que estaban xa toda a casa estaba en chamas e non había máis saída que tirarse el pola ventá e despois ir buscar un escairo e un adival para descolgar a súa nai. Meu dito, meu feito.
Falamos con Xosé Ramón esta mañá. Pasou a noite coidando na nai no hospital e ten confianza en que vaia indo a mellor.
Onte, logo do suceso, os veciños acudiron a botar unha man e mais a consolalo. Eran tales as mostras de afectro e os ofrecementos que xa onte, cando o lume aínda estaba devorando todo, nos pedía que deramos as grazas aos veciños e amigos.
Ademais do propio Xosé Ramón, un dos veciños máis afectados é o Pepe, que ten a casa pegada á que estaba ardento. E el tamén ofrecía a súa vivenda a Xosé Ramón.
Xosé Ramon pediunos que lles deramos as grazas a todos eles.