O home acusado de matar o irmán en Sigüeiro, ante a xustiza
Publicado o 24/09/2020 11:07
Está pendente de pasar a disposición xudicial o home romanés de 58 anos acusado de matar a seu irmán en Sigüeiro. Prevese que nas vindeiras horas se achegue ata o Xulgado de Ordes, procedente da comandancia da Garda Civil da Coruña, onde fora trasladado a última hora da noite do martes.
O autor confeso presentábase no Xulgado de Paz de Sigüeiro na mañá do martes e alí asegurou que degolara a seu irmán despois dunha discusión entre ambos. Despois, os axentes da Garda Civil, achegáronse á vivenda, na localidade de Sigüeiro, onde atoparon o corpo do home sen vida.
Este mércores practicóuselle a autopsia en Santiago e están pendentes os resultados que confirmen que foi degolado.