CRTVG

Buscar

O Hertha golea no derbi berlinés que abriu unha nova xornada na Bundelisga

Publicado o 23/05/2020 14:53


Se hai un equipo en Alemaña que non ten queixa deste fútbol do Coronavirus, ese é o Hertha. Acuciado durante a temporada pola súa falta de gol resulta que agora que hai que festexalos con distancia e sen público, agora, márcaos coma churros. A semana pasada metéron tres a domicilio e esta catro na casa. Despacharon o derbi co Union en a penas un cuarto de hora, na seguna parte.
No minuto 51, Ibísevic abría a conta. E Lukébakio, o polaco, facía o segundo un minutos despois, no 52, nunha contra de meteórica. O golpe foi duro de máis pro Union, que aí baixou os brazos e netrgou o derbi. A mellor mostra témola na imaxe que acompaña ao terceiro tanto, a súa estampa de defensa tarda, preguizeira. Moitas facilidades pra Ibisevic no control e na deixada e de Cunha pra colocala. O brasileriro Cunha foi o mellor do partido. Cando restaban 13 minutos pra conclusión, Boyata pechou a conta á carreira, nun córner, no medio de cinco estafermos, bonecos do Union. 4-0 en Berlín. A reacción do Hertha cobra forma e comeza a ilusionarse con Europa.

 

Noticias web

23/05/2020