CRTVG

Buscar

O Helimer rescata o tripulante que naufragou a 235 quilómetros da Coruña

Publicado o 26/03/2019 21:20

Son imaxes do rescate do tripulante dun veleiro, o Lofoten Terceiro, a 146 millas da Coruña. O home, de nacionaliadade francesa, foi trasladado a terra en bo estado.

A central de Salvamento Marítimo recibiu a petición de auxilio por radiobaliza dun veleiro francés que estaba no límite da zona máxima de cobertura do helicóptero de rescate. A embarcación Sasemar localizou a embarcación e o tripulante, que estaba na popa con material de supervivencia. Cando chegou o Helimer, botouse ao mar e o helicóptero recolleuno.


 

Noticias web

26/03/2019