CRTVG

Buscar

O grupo Solvida Hoteles prevé inaugurar un hotel de cinco estrelas en Sanxenxo en 2021

Publicado o 22/06/2019 13:41
O grupo Solvida Hoteles prevé inaugurar un hotel de cinco estrelas en Sanxenxo en 2021

O grupo Solvida Hoteles, propietario dos Augusta Spa Resorts de Sanxenxo e do Nagari en Vigo, planea abrir un hotel de cinco estrelas no ano 2021 en Sanxenxo. Así o anunciaron na festa co gallo do 20 aniversario do seu primeiro gran hotel de Sanxenxo, que reuniu varios centos de persoas.

O novo establecemento sería o cuarto cinco estrelas das Rías Baixas, que se sumaría ao Gran Hotel Balneario da Illa da Toxa, no Grove, e os vigueses hotel Los Escudos e Hotel Nagari. Este último, precisamente, é propiedade do grupo que agora pretende ampliar a súa oferta en Sanxenxo, onde posúe dous hoteis de catro estrelas baixo a denominación Augusta Spa Resort.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí