CRTVG

Buscar

O Guardés cae con claridade na cancha do Bera Bera

Publicado o 19/09/2020 14:34

Bera Bera 31 Atl. Guardés 22


Á segunda xornada da Liga feminina de balonmán, chegou a primeira derrota do Guardés, que perdeu o liderado na pista do Bera Bera. Un parcial inicial de cinco a un a prol das vascas puxo o partido moi costa arriba, pero as galegas aguantaron a igualdade ata case o descanso, que chegou cun 14-11. Na segunda metade as locais racharon o partido, abrindo a vantaxe ata o 31-22 final. E esta tarde temos máis balonmán na G2. O Cisne recibe ao Porto Sagunto ás catro e media da tarde.

Noticias web

19/09/2020