CRTVG

Buscar

O Guardés vence o Aula Valladolid (26-30)

Publicado o 18/02/2021 23:06

Xornada na División de Honra do balonmán feminino, o Atlético Guardés xogou esta tarde ante o Aula Valladolid. Partido igualado no comezo, aínda que as locais tomaron vantaxe de ata dous goles no minuto quince. Pero as xogadoras do Mecalia reaccionaron e foron ao descanso cun marcador favorable de 15 a 17. A partir de aí o dominio correspondeulle ás da Guarda, que acabaron levando o partido por 26 a 30.

Noticias web

18/02/2021