CRTVG

Buscar

O Guardés queda eliminado nas semifinais da Copa da Raíña

Publicado o 22/05/2021 21:38

Imos agora co máis destacado da actualidade polideportiva, que comezamos co balonmán. Non haberá representación galega na final da Copa da Raíña. O Atlético Guardés perdeu na semifinal desta tarde contra o Aula Cultural. As de Valladolid abriron unha fenda de dous goles ao descanso, 14 a 16, e xa non deixaron fuxir a vantaxe durante o resto do partido. Ao final, 28 a 32. As guardesas quedan eliminadas, e o Aula Cultural cítase mañá co Elxe, que tamén se estrea na final.

Noticias web

22/05/2021