CRTVG

Buscar

O Guardés persegue dende este venres o soño da copa na G2

Publicado o 20/05/2021 20:36

Un equipo disposto a superar o seu teito. Un equipo con licenza para soñar. Ese é o Guardés: "Se podes soñalo, podes facelo. Creo que todos imos en igualdade de condicións e na Copa pode pasar de todo e partido a partido", di Lorena Pérez. Carla Gómez non agocha a ambición das guardesas: " Nós imos coa idea de gañarmos a copa. Ao final de ilusión tamén se vive e nós creo que temos moita e creo que o merecemos"

O primeiro partido será mañá. Cuartos de final ante o Xixón e o emparellamento non é malo para as xogadoras de Ignacio Frades como apunta Lorena: "A priori é un equipo que se nos dá ben, este anos gañamos alí. Sabemos que vai ser un partido duro e que na copa pode pasar de todo, pero estamos contentas". Carla Gómez agarda que sexa o primeiro paso dun percorrido longo na competición: "Nós queremos chegar ata onde poidamos e temos a ilusión de chegarmos a unha final.

A Copa pechará un ciclo no Guardés. A ilusión é facelo cun título.

Noticias web

20/05/2021