CRTVG

Buscar

O Guardés gaña na pista do Xixón e mantense no segundo posto

Publicado o 24/04/2021 21:36

Imos co balonmán, e con dous triunfos galegos desta mesma tarde. O Atlético Guardés segue con paso firme no grupo polo título. Gañou na pista do Xixón por 19 a 23, e mantén o ritmo do Bera Bera. O partido chegou ao descanso con empate a dez, pero as guardesas desnivelárono na segunda parte, cando acadaron unha renda de catro tantos que fixeron valer ao final. Paula Arcos marcou oito goles.

Noticias web

24/04/2021