CRTVG

Buscar

O Guardés dá un paso de xigante e volve de Austria con 7 goles de vantaxe (21-28)

Publicado o 16/10/2021 19:15

Vitoria do Guardés contra o Hypo por 7 puntos de diferencia.

E iso que as de Ignacio Prades comezaron perdendo 3-0 contra un dos equipos históricos do balonmán feminino, pero foron quen de darlle a volta, marcharon ao descanso un punto por riba do rival e esnaquizaron o partido na segunda parte.

Ao final gañaron 21-28, máxima diferencia durante o partido. Actuación sobresaínte de Paula Arcos, máxima anotadora con 9 goles.

 

Noticias web

16/10/2021