O Guardés upouse á segunda praza do grupo polo título tras vencer na casa do Rocasa (26-27)
Publicado o 29/04/2021 11:53
O Atlético Guardés upouse á segunda praza do grupo polo título tras vencer na casa do Rocasa por 26-27.
As xogadoras que dirixe José Ignacio Prades manteñen a aspiración do subcampionato e garantir unha praza en Europa.
Foi un partido igualado coa mítica Silvia Navarro na portería rival. O Atlético Guardés dominou todo o encontro. No descanso gañaba por tres goles e liderou o xogo con experiencia. Rosario Urban con seis goles foi a mais acertada no conxunto do Baixo Miño.