CRTVG

Buscar

O Guardés abre en Suíza a aventura europea da Challenge Cup

Publicado o 08/11/2019 13:01

Poucos equipos galegos hai que compitan en Europa. Un é o Mecalia Atlético Guardés, club de balonmán feminino disposto a conquistar un título continental. Soña porque vai segundo na liga española e aparece como un dos favoritos para gañar a Challenge Cup, terceira competición europea. 

O domingo xoga en Suíza na pista do Thun, un equipo suízo. Será o terceiro encontro en oito días. Di África Sempere que non hai cansazo, senón a forte motivación por comezar a aventura por ser campioas dun título europeo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019