CRTVG

Buscar

O Grupo Tojeiro gañou 98 millóns de euros en 2020 grazas ao pulo de Gadis

Publicado o 14/09/2021 16:14

O Grupo Tojeiro pechou 2020 con case 100 millóns de beneficio, grazas principalmente ao pulo da alimentación durante a pandemia.

Os propietarios de Gadis pecharon o exercicio cunhas ganancias de 98 millóns de euros, un 11 por cento máis que en 2019. O éxito dos supermercados, que ingresaron 1.200 millóns, foi a clave destes resultados. A rede de distribución de Gadisa é a máis extensa de Galicia. Amais, o Grupo Tojeiro tamén é propietario de Reganosa, que achegou uns beneficios de case 17 millóns de euros.

 

Noticias web

14/09/2021