O Grupo Puentes vai participar na construción de tres hospitais en Chile
Publicado o 28/08/2020 14:40
A empresa galega Grupo Puentes vai participar na construción e mantemento de tres hospitais en Chile.
Forma parte do consorcio Iberoasiático que gañou o concurso. Trátase dun proxecto de colaboración público-privada, valorado en máis de 200 millóns de euros.
Contempla o deseño, construción e mantemento das novas dependencias, así como a provisión do equipamento médico e do mobiliario.