O grupo PSA proba sorte no mercado indio coa marca Citroën
Publicado o 04/04/2019 16:10

Despois de dous intentos frustrados coa marca Peugeot finalmente será Citroën a enseña coa que o grupo PSA retorne ao mercado indio. O primeiro modelo chegará a finais do ano que vén e será o todo camiño C5 Aircross.
A elección de Citroën para este retorno inscríbese no plan C ao Cubo, para recolocar a marca despois dos cambios sufridos nos últimos anos entre os que se atopa a disgregación da gama DS. O obxectivo é producir para o mercado indio, onde xa traballan multinacionais de compoñentes do automóbil asentadas en Galicia.
O presidente do consorcio francés, Carlos Tavarés, amosouse disposto a aproveitar os competitivos custos do país para exportar pezas e coches completos a outros paísesa da contorna.