O Grupo Popular pide que se audite a cifra real de mortos pola Covid-19
O gupo popular acusa o Goberno de mentir intencionadamente sobre o número de falecidos para agochar a pésima xestión da pandemia. E pide unha auditoría por hixiene democrática e por respecto ás vítimas.
Rosa Maria Romero, Grupo Popular "Está claro que cos datos reais hoxe España é o país coa maior taxa de mortalidade do mundo, iso é o que quere agochar. Miren, cero en transparencia, cero en rigor"
A maioría dos grupos presentaron emendas a esta proposición non de lei. Vox porque cre que queda curta.
Emilio Del Valle, Vox " Todo indica que hai máis de 20.000 mortos non recoñecidos oficialmente como vítimas da Covid-19, como dicía ao principio o Goberno sábeo e mente a sabendas"
O grupo socialista acusa o grupo popular de utilizar as vítimas por intereses partidistas e os socios do goberno, de estar xestando unha falsidade.
Rosa Maria Médel, Unidas Podemos "Vostedes insisten en repetir unha pregunta que saben cal é a resposta porque o que queren é xerar unha falsidade"
Julio Navalpotro, Grupo socialista" O Goberno ten un inescusable compromiso coa verdade e coa memoria das vítimas, o que desexo, pero escoitándovos non o teño tan claro é que o seu compromiso sexa o mesmo que o noso"