O Grupo Nove comeza a reabrir restaurantes
Reuníronse virtualmente, intercambiaron opinións e cociñaron. Fixeron contas e buscaron novos xeitos de chegar aos clientes..., mentres cociñaban, claro. E despois de todo iso, decidiron volver, cada un ao seu ritmo e o seu xeito. Sete dos chefs do grupo reabren xa os seus restaurantes. O Balado, de Roberto Filgueira é un deles. Recoñece que tivo tempo para repensar pero a súa oferta con produtos de proximidade é a súa esencia.
Alta cociña que se reconstrúe e busca novas ideas con menús para levar ou servizos de entrega a domicilios. Algúns do cociñeiros como Lucía Freitas, Ivan Dominguez ou Caco Agrasar fano desde os seus segundos restaurantes. Tamén Pepe Vieira, que abriu, no seu caso, a taberna Ultramar, onde incorpora novos sabores. Está convencido de que todo vai funcionar
A alta cociña está de volta co Grupo Nove, e irá chegando en forma de menús renovados, clases de cociña, ou cociña a domicilio, nada é descartable na gastronomía do futuro.