CRTVG

Buscar

O grupo Inditex inicia a súa desescalada coa reapertura de varias tendas

Publicado o 06/05/2020 21:19

O grupo téxtil Inditex comeza a desescalada e anuncia a progresiva apertura das súas tendas. Así, mañá, xoves, levantará a súa persiana a tenda de Zara da rúa Juan Flórez da Coruña e fará o mesmo o Zara de cabaleiro, situada na praza de Galicia de Santiago.

Non serán as únicas, xa que tamén mañá abrirán as súas portas as pequenas tendas das distintas marcas do grupo en varias localidades de Galicia. Pero, de momento, estas tendas que arrancan a súa actividade farano co sistema de cita previa ata o 11 de maio.

Noticias web

06/05/2020