CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Grupo DIA ameaza cun peche patronal se continúa o bloqueo en Mercagalicia

Publicado o 10/09/2015 14:43

En Mercagalicia os gandeiros continúan co bloqueo do centro loxístico de DIA, que dura xa tres días. Dende o grupo está formulándose un peche patronal, do propio centro, e tamén dunha tenda, porque segundo din, non poden garantir a seguridade dos seus empregados. O peche podería afectar máis de 120 traballadores, que non terían dereito a prestación por incapacidade temporal nin por desemprego en todo o tempo que durase ese peche.

O centro loxístico que DIA ten en Mercagalicia segue sendo obxecto das protestas dos gandeiros, que hoxe volveron a impedir a entrada de camións que tiñan como destino as instalacións do grupo e tamén a saída dos máis de 30 que, dende o luns, permanecen bloqueados no interior.

Dende o grupo DIA aseguran que están pensando no peche patronal deste almacén e dunha tenda de Santiago ante a imposibilidade de garantir a seguridade dos seus empregados.
O peche podería afectar a máis de 120 traballadores que quedarían sen dereito a prestación por incapacidade temporal e sen prestación por desemprego.

Durante a mañá voluntarios do Banco de Alimentos recolleron os máis de 3.500 litros de leite que os gandeiros descargaron onte dun camión que tiña como destino estes almacéns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí