CRTVG

Buscar

O grupo de capital cen por cento galego GADISA crece un 4% no último exercicio económico

Publicado o 13/06/2019 16:29

O Grupo de capital cen por cento galego GADISA crece un 4 por cento no último exercicio económico. GADISA creou 225 novos postos de traballo directos. Alcanzou en 2018 un volume de negocio de 1.185 millóns de euros.

En Galicia ten unha cuota de mercado superior ao 20 por cento. E suma case 7.500 profesionais no seu grupo. A súa aposta, di a compañía, é polos produtores locais e nestes momentos centran os seus esforzos nos mercados de Galicia e Castela e León.





 

Noticias web

13/06/2019