O grupo Cuevas facturou máis de 110 millóns de euros no 2019
Publicado o 30/06/2020 15:43
O Grupo Cuevas facturou máis de 110 millóns de euros no último exercicio, un seis por cento máis ca o ano anterior.
A compañía ourensá tamén aumentou o emprego: fíxoo un 18 por cento, cunha importante implantación no rural; de feito, dos 645 empregados que ten na actualidade, 200 están no rural.
O director xeral do grupo, Artur Yuste, destacou durante a presentación dos resultados do 2019 a importancia da castaña, materia prima do seu produto estrela: o marrón glacé.