CRTVG

Buscar

O grupo Correos expándese ao estranxeiro, a Portugal, e da man dun galego

Publicado o 01/11/2019 10:59

Juan Bautista Sanmiguel está estes días moi pendente da renovación do centro loxístico do Porto, unha peza clava na expansión de Correos Exprés en Portugal. El coñece ben toda a cadea. Comezou coa empresa en Ourense hai case 30 anos. “Empecei descargando camións do cal me sinto moi orgulloso”, asegura.

Na súa man está que a rede portuguesa se integra na península e que mandar un paquete de Lugo a Barcelona custe o mesmo que de Lugo a Lisboa. “O noso obxectivo é ser líderes de reparto en 24 horas en toda a panínsula", explica Sanmiguel.

Para este ourensán ser Director Xeral dun proxecto coma este e todo un orgullo pero hai cousas que custan máis ca outras. “O máis duro e estar lonxe da miña familia, especialemente dos meus fillos“, di este galego.

Agora ten 4 anos para conseguir o seu reto, rexistrar en Portugal 35 millóns de envíos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019