O Grove volve instalar este ano a árbore de Nadal feita con centolas
Publicado o 04/12/2019 14:09
Outra imaxe do Nadal é a que fan no Grove, onde outra vez volven promocionar o produto local cunha árbore feita con cunchas de centolas. É unha actividade curiosa que repiten de novo. Tras o éxito de 2018, repite este Nadal. A árbore de Nadal, feita con cunchas de centolas inaugurouse este martes e servirá como broche de ouro ás XVII Xornadas Gastronómicas da Centola do Grove.
As cunchas que o visten veñen das 'centoladas' xa gozadas por propios e visitantes durante o evento. Está organizada por Emgrobes coa colaboración das confrarías de pescadores e do Centolo Larpeiro, así como do Concello do Grove. Queren resaltar "a raíña do marisco", a súa tan prezada centola.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí