CRTVG

Buscar

O Grove ten a maior incidencia de toda Galicia

Publicado o 02/08/2021 15:05

"Para min que é o ano que máis xente hai aquí na vila, moitísima máis xente", comenta unha veciña do Grove. 

Nin a pandemia nin o tempo tan revolto son quen de disuadir os turistas. Hoxe era difícil atopar unha praza de aparcadoiro no Grove, onde tamén puidemos ver colas para acceder a moitos establecementos.

"Os apartamentos turísticos están desbordados, non hai nada para alugar, hai moita demanda, os hoteis están ao 80, outros ao 90, hai xente por un tubo", conta ​Jaime Álvarez, comerciante.

Malia ter O Grove a maior incidencia de Galicia, os turistas non teñen percepción de risco.

O que lamentan moitos veciños son as xuntanzas que se repiten cada noite na contorna da lonxa a pesar de estar totalmente prohibidos os 'botellóns'.

"Alí está cheo de xente. Non son só é a mocidade que xente da idade da miña nai que ten 46 anos tamén vai de festa e deixan todo sen recoller porque eu o vin nas redes sociais, fotos de xente de festa e toda xunta, sen máscara o coa máscara pola barbilla que é coma se non a tiveras", opina unha rapaza.

Mentres o sector hostaleiro sofre as maiores restricións sorprenden actitudes tan positivas coma esta.

"Tes que tomalo con alegría. É o que hai e o que che toca neste ano e xa está, non pasa nada. Outro ano virá, isto pasará e tes que ser positivo sempre", di ​Miguel Aguiño, hostaleiro.

 

Noticias web

02/08/2021