CRTVG

Buscar

O Grove recupera a mobilidade, as terrazas da hostalería e as xuntanzas de non conviventes

Publicado o 30/04/2021 14:23

Sentar na terraza despois de tres semanas. A hostalería do Grove recupera parte da súa actividade.

Só poderán atender en terraza e á metade da súa capacidade, pero a reapertura chega na fin de semana do Día da Nai, celebración que agardan lles dea un impulso. Algúns locais xa teñen reservas.

Foron tres semanas duras en que a vila superaba marcas de contaxios, chegou a ter 68. Hoxe os casos activos non superan a decena.

Dende hoxe tamén serán posibles as reunións con non conviventes, iso si, baixo as medidas sanitarias.