CRTVG

Buscar

O Grove pasa do peche perimetral a ter menos de dez contaxios nunha semana

Publicado o 05/05/2021 14:26

O Grove consegue en menos dun mes pasar de ter as máximas restricións a estar entre os concellos con mellor evolución da pandemia.

Se a semana pasada levantaba o peche perimetral, esta semana O Grove dá un paso máis na relaxación das medidas.

Abrirá a hostalería no interior ao 50 por cento e subirá nun 75 nas terrazas. Unha noticia que agardaban con impaciencia os hostaleiros da vila.

A principios de abril, O Grove chegou a ter unha das incidencias máis altas de toda Galicia, por riba dos cincocentos casos. En menos dun mes conseguiu baixar ata os 113 a catorce días.

Os veciños confían en non volver a dar pasos atrás nun concello que vive en gran parte do turismo.