O Grove frea a súa desescalada ante o aumento de casos
O concello do Grove pisa o freo fronte á desescalada. O aumento no número de casos, 68 a día de hoxe, levouno ao nivel máximo de restricións.
Dende o xoves a súa hostalaría permanece pechada, só está permitido o servizo a domicilio e as entradas e saídas a este municipio están restrinxidas. Un duro golpe á continuidade de sectores coma este, que empezaban a ser optimistas pensando no verán.
Gromos que comezaron no ámbito familiar e que poderían ser consecuencia do festivo de San Xosé. Os cribados rematan este sábado tras tres días de probas neste pavillón do Grove.
Probas que tamén se están realizando en institutos e colexios do municipio e no que xa se detectaron varios asintomáticos. A partir do luns, o cribado masivo comezará na Illa de Arousa, que xa está no nivel máximo de restricións.