CRTVG

Buscar

O Grove estrea marca propia no arranque da campaña da centola

Publicado o 11/11/2019 16:25

Levan cinco meses agardando este momento. Ese no que recollen o miño e van saíndo a cuberta as primeiras centolas da campaña. O tempo frío e a lúa chea non axudaron a que saíran dos seus refuxios. Pero algúns tiveron sorte e encheron os cestos con exemplares de foto.

Aínda é cedo para predicir cómo vai ir a campaña. Pero saben que será especial porque por vez primeira as centolas collidas en Arousa e vendidas na lonxa do Grove levarán unha marca de calidade diferenciada.

Malia que poden apañala ata xuño, é agora, de cara ao Nadal, cando fan o 60% das capturas. A pasada campaña colléronse en Galicia 500 toneladas de centola por un valor de case cinco millóns de euros.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019