CRTVG

Buscar

O Grove entrou esta medianoite no nivel máximo de restricións

Publicado o 08/04/2021 15:17

"Unha auténtica burrada de xente de fóra. De todos lados, isto era, parecía verán, a verdade. Foi un descontrol. Estivemos un par de semanas a cero de infectados, non había nada e, de súpeto, subimos a 46", comentan algúns veciños do Grove.

E con 46 todos sabían que ía chegar o peche. Esta mañá na tenda de Mariela non entrou ningún cliente.

"Ningún, pero tampouco ves xente na rúa. Non hai xente na hostalaría e nós tampouco a temos. Fatal. E se queren que nos pechen a nós xa, porque total xa non facemos nada aquí", apunta Marinela Torres, propietaria dunha lencería.

Para Julia, hoxe o día comezou con cancelacións. Ten moitos clientes de fóra do Grove.

"Si, xa me chamaron varios e dixeron que anulara as citas que non podían vir", fala Julia García, peiteadora.

Julián leva case 3 décadas á fronte da súa tenda de roupa, as vendas caeron un 50 %. A xente non necesita roupa. "O único que fas é poñer unha peza deportiva, levántaste, pos o chándal e vas andar. Unha camisa non compras, un xersei non compras", informa Julián Guimil, propietario dun comercio de roupa.

Juan Carlos comenta que calquera fin de semana O Grove recibe xente de fóra, aínda que non sexa ponte.

"Aquí a maioría do público que entra no establecemento os sábados é xente de fóra, do Grove por suposto e de Galicia tamén, polo acento sábese. Precisamos que a hostalaría traballe, que veñan turistas, que gasten cartos, pero non a calquera prezo, porque de pouco serviu", apunta J​uan Carlos Dasilva, empregado dunha papelería.

"Polo tanto o tema está así, gracias, chao!", advirte unha veciña.

 

Noticias web

08/04/2021