O Grove e a Pobra do Caramiñal levantan as máximas restriccións
Sentar nas terrazas despois de tres semanas. A hostalería do Grove recupera parte da súa actividade. Non poderán atender nos interiores pero a reapertura chega na fin de semana do Día da Nai, celebración que agardan lles dea un impulso.
"Si hoxe abren as terrazas ehabía ganas de que abriran pero con sentidiño" "Esperemos que o tempo acompañe, imos ir tirando" "hai que ser responsables e mirar por todos, pola hostalería para que non peche, se non nos comportamos eles van pechar a ver si somos conscientes dunha vez"
Na Pobra a cifra de casos activos reduciuse a unha quinta parte nas últimas dúas semanas. A incidencia acumulada sitúase agora nos 139 casos por cen mil habitantes. A mellora da situación epidemiolóxica permite aliviar as restriccións e con iso tamén os veciños.
"A mobilidade entre concellos esta moi ben polo menos podemos sair e outros vir aqui" "Podemos ir aos concellos de Boiro ou Ribeira a comprar"
O comité clínico decidiu esta mañá que a partir do luns na Pobra suavizaranse máis as restricións e os locais de hostalería poderán atender no interior.