CRTVG

Buscar

O Grove consegue frear a velocidade de transmisión do virus e baixa ao nivel de restricións menos estrito

Publicado o 25/08/2021 14:37

A evolución da pandemia nas últimas tres semanas permitirá ao concello do Grove baixar de súpeto dous chanzos no nivel de restricións, desde o alto ao medio baixo.

Os últimos datos sitúan este concello do Salnés cunha taxa de incidencia dez veces máis baixa que a principios de mes.Unha mellora da situación pandémica que foi recibida con alivio polo comercio e a hostalería local.

"A verdade é que xa tiñamos ganas de que a situación mellorase, porque é certo que hai xente e a xente ten ganas, os hostaleiros, os empresarios en xeral cumpren, e tiñamos unha especie de castigo", din. 

A partir das cero horas deste sábado, os bares, cafeterías e restaurantes do Grove poderán ocupar ata o 75 por cento da capacidade total do local e o cen por cento das terrazas. A hora de peche seguirá sendo a unha da mañá.

Os locais de ocio nocturno poderán reabrir o interior coa metade da ocupación e sen límites nas terrazas. A hora de peche amplíase ata as tres da mañá.

Noticias web

25/08/2021