CRTVG

Buscar

O Grove confía en deixar de ser o único concello con máximas restricións

Publicado o 16/08/2021 08:47

Accesos as praias colapsados e hoteis co cartel de completo e mesmo sen poder atender moitas demandas de última hora. Así están a maioría de lugares das Rías Baixas cando comeza esta segunda quincena de Agosto. "Levamos todo agosto completos e recibimos chamadas todos os días porque está todo cheo e a tope"

A espera da decisión sobre a probable baixada de nivel do Grove o que evitaría o peche dos interiores dos locais, tanto este concello como por exemplo Sanxenxo sí que terían que baixar o seu aforo do 50% o 30% nos interiores de seguir en nivel alto. Os hostaleiros do Salnés están vivindo un gran mes de agosto pero aos clientes cústalles atopar sitio debido ao complicado que resulta reservar nos locais.

"Estamos moi ben, non nos podemos queixar de nada, hai xente por todas partes e esperamos que todo siga así" "Temos que decir que non, temos reservas ata certa hora e logo collemos a xente que entre pola porta" "É díficil porque antes era de outra maneira, eu agóras ás veces retírome porque non hai forma coas colas" "Este ano hai máis xente e xa non e cousa das restriccións, e que hai máis xente".

Esta é a sensación incluso de máis xente que nunca probablemente debido as restriccións en interiores. E de momento tanto a previsión meteoroloxica como a hoteleira auguran seguir a tope durante o que resta de mes de Agosto.

 

 

Noticias web

16/08/2021