CRTVG

Buscar

O Grove abandona o venres o nivel máximo de restricións

Publicado o 28/04/2021 14:17

Tras 20 días pechados perimetralmente, coa hostalería pechada e coas reunións entre non conviventes prohibidas, os veciños do Grove recibiron con alegría a decisión do comité clinico de abandonar o nivel máximo de restricións en base á evolución favorable.

"Que poidan traballar un pouco os hostaleiros e poder movernos un pouco, que O Grove recupere a vida, paréceme ben", di unha veciña.

Nun concello que en boa medida vive do turismo, o restablecemento da mobilidade e apertura da hostalería, malia que sexa só ao 50 por cento en terrazas, é recibida con alivio. Vida si, pero sen baixar a garda, porque preocupa a situación na comarca, con Meaño, Meis e Ribadumia tamén en nivel alto, e Vilanova e máximo. Da responsabilidade depende que o concello recupere a vida.