CRTVG

Buscar

O gromo no edificio da Xunta en Lugo suma 14 positivos

Publicado o 03/06/2021 15:18

O gromo detectado entre o persoal do edificio administrativo da Xunta en Lugo suma seis novos positivos. Son xa 14 as persoas infectadas con covid. Os oito primeiros casos son todos traballadores da mesma zona do edificio. Varios compañeiros fixeron probas de saliva ou de antíxenos na farmacia, que permitiron detectar outros tres positivos máis.

O Sergas decidiu realizar un cribado entre as seiscentas persoas que traballan no edificio. As PCR realizadas onte confirmaron outros tres casos máis. Son en total 14 positivos, pero cabe a posibilidade que medre a cifra, xa que esta tarde e en días posteriores continúa o cribado entre os traballadores. 

Noticias web

03/06/2021