O gromo na granxa de visóns da Baña puido causarse polo contaxio dos traballadores
O gromo detectouse a mediados de xaneiro grazas á aplicación dos protocolos establecidos nas granxas de visóns fronte ao coronavirus. A Xunta, en colaboración co Ministerio, realiza seguimento e analíticas períodicas dos animais.
A granxa está inmobilizada á espera de que se sacrifiquen os visóns, un proceso que, segundo Medio Rural, se fará seguindo as pautas legais e evitando o sufrimento dos animais. Agora mesmo trabállase para eliminar os xurros e evitar así calquera foco de contaxio.
O da Baña é o segundo gromo de covid que aparece nunha explotación de visións en España logo de detectarse no verán un en Teruel. Os veciños da zona teñen medo aos contaxios.
Os expertos explican que, a diferenza do que sucede noutros países como Dinamarca e Holanda, aquí as explotacións están moi afastadas entre elas e tamén dos núcleos de poboación, polo que o risco de transmisión é mínimo. Segundo Medio Rural, o gromo puido orixinarse nalgún dos traballadores da granxa.
O 75 % destas explotación en España están en Galicia. Dende a Asociación Galega de Criadores de Visóns sinalan que se están aplicando todos os protocolos de seguridade.