CRTVG

Buscar

O gromo do ximnasio de Arteixo sobe a 25 casos

Publicado o 31/07/2020 21:03

O número de positivos relacionados co ximnasio de Arteixo ascende a 25, son sete casos máis que onte. O laboratorio de microbioloxía do Complexo Hospitalario da Coruña fixo ata estes momentos máis de 400 probas PCR froito do rastrexo de contactos deste grupo de persoas.

O foco comezaba co positivo do porteiro dun pub de Oleiros. E nas últimas horas confirmouse tamén que o positivo dun traballador do matadoiro sabemos que está un traballador do matadoiro municipal da Coruña.

Este gromo de coronavirus da área coruñesa é xa o segundo de maior importancia en Galicia, por detrás do da Mariña. 

As autoridades sanitarias consideran que pode seguir habendo novos positivos froito do rastrexo de contactos. As probas PCR relacionadas con este foco superan as 425. 

O positivo dun traballador do matadoiro municipal da Coruña tamén garda relación con este foco de coronavirus. As instalacións do polígono da Grela xa foron desinfectadas e os traballadores están illados. 

E parte da expedición do Fuenlabrada abandonaba o hotel NH Finisterre da Coruña tras once días de confinamento. Regresaron a Madrid 33 membros do equipo, outros 13 seguirán illados no hotel completando a corentena á espera de que as probas PCR lles dean negativo.          

En Vigo detectouse outro gromo familiar que afecta a tres persoas. E no concello ourensán de Vilar de Barrio, decidiron suspender todas as actividades de lecer ao aumentar os contaxios.

O gromo da Mariña segue en descenso con 42 casos activos.

 

Noticias web

31/07/2020