CRTVG

Buscar

O gromo do Multiusos do Sar de Santiago suma 30 positivos, 21 máis ca onte

Publicado o 02/09/2020 20:29

• Lalín rexistra un novo gromo con 15 casos activos

A área sanitaria de Santiago e A Barbanza contabiliza este mércores un total de 30 casos de coronavirus vinculados co gromo xurdido no Multiúsos do Sar, en Santiago de Compostela, tras sumarse 21 positivos máis nas últimas 24 horas. Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, das probas realizadas ata o momento aos contactos dos primeiros positivos detectados onte en relación ao Multiúsos rexistraron 21 casos máis.

O gromo de coronavirus vinculado co Multiusos Fontes do Sar obrigou a desinfectar as instalacións e a cancelar algunhas actividades. Polo menos dous dos infectados son traballadores. 

Permanecen abertas as salas de cardio e musculación. Iso si, extremando as medidas de seguridade. Trátase do maior centro deportivo de Santiago, con arredor de 10.000 usuarios. Aínda que a súa actividade tras a pandemia diminuíu nun 20 por cento.

Ademais, a área sanitaria de Santiago detectou un novo gromo de covid-19 en Lalín, que contabiliza esta tarde 15 positivos. Por outra banda, o cribado realizado o martes a profesores na área sanitaria de Santiago e Barbanza deu 681 resultados negativos (545 en Santiago e 136 na Barbanza) e un pendente de resultado concluínte.





 

Noticias web

02/09/2020