CRTVG

Buscar

O gromo de Monforte ascende a 97 casos e o de Lugo, a 60

Publicado o 27/08/2020 21:06

Aínda na provincia de Lugo tamén aumentan os positivos en dous dos gromos principais: o de Lugo cidade, relacionado co ocio nocturno, onde xa son 60 os contaxiados; e o de Monforte, que se detectou nun edificio, e onde hai xa 97 positivos confirmados.

Unha mercería e unha tenda de roupa son algúns dos negocios que abriron esta tarde en Monforte. En case todos os locais de hsotelería un letreiro explicaba que estes días pechasn para oder facer as probas coas que discernir se os traballadores da hostelería monfortina están infectados.

Dende que onte empezaron co cribado masivo, deron dous positivos. Os outros 95  positivos confirmados están directamente ralcionados co agromo que xurdiu neste edificio da rúa duquesa de Alba. Nuria e Pili están a punto de rematar as probas que tocaba facer hoxe. Elas e os seus compañeiros en dez días levan feito máis de mil PCR.

Das mil probas que levan feito en Monforte, confirmáronse case cen positivos.

60 positivos en Lugo

Outro dos gromos máis significativos da provincia é o de Lugo capital, onde hai 60 positivos relacionados co ocio nocturno nun pub. Son 25 positivos máis ca onte, pero nestes 60 recóllense os casos orfos, é dicir, infectados aos que se lles fixo a trazabilidade e que finalmente quedaron vencellados ao gromo do local.

O gromo de Vilalba mantense en doce afectados

O gromo de Vilalba, que xurdiu no ámbito laboral, mantense en doce infectados. Na vila hai outro positivo máis, unha persoa que non está relacionada con este gromo, que estivo ingresada e que xa está na casa.

Xa hai dúas semanas que o Concello cancelou todas as celebracións do San Ramón, que comezaría mañá, mesmo os eventos que contaban con todas as medidas de seguridade.

Noticias web

27/08/2020