CRTVG

Buscar

O gromo de Melide comeza a notarse na incidencia dos concellos da contorna

Publicado o 03/09/2021 15:01

Os ánimos están moi baixos en Palas de Rei, e non é para menos. Aínda que baixou un pouco, a afluencia de peregrinos segue sendo importante e temen que moitos van quedar sen comer.

Os peregrinos veñen moi desinformados da situación da covid−19 dos concellos polos que pasan.

A incidencia en Palas de Rei disparouse polo gromo de San Roque, porque Melide é o centro de ocio nocturno de toda a contorna.

Monterroso tamén sobe mañá a nivel alto. Alí a incidencia supera xa a barreira dos mil casos por cen mil habitantes.

Noticias web

03/09/2021