CRTVG

Buscar

Gromo de covid-19 en Caldas, cunha decena de infectados

Publicado o 07/08/2020 09:50

• Outro foco en Vimianzo obriga a pechar unha empresa cárnica

• Tres madrileños están confinados nunha vivenda en Meis ao dar positivo un deles

Multiplícanse os focos de coronavirus en diferentes puntos de Galicia. Preocupa un na localidade pontevedresa de Caldas de Reis, cunha decena de infectados. Pero non é o único foco novo en Galicia. Tres rapaces madrileños están confinados nunha vivenda en Meis ao dar positivo un deles. Hai outro foco que afecta tres mulleres maiores en Avión e un en Vimianzo que obrigou a pechar unha empresa de procesados cárnicos.

Os mozos viñeron de vacacións a Galicia e acabaron confinados nestas vivenda turística. O sábado, despois de pasar uns días no cámping das Cies, un dos tres mozos madrileños atopouose mal e deu positivo por coronavirus. Está pechado nun cuarto. Os dous amigos, pendentes das probas, poden moverse pola propiedade sen saír dela.

O gromo de Arteixo conta 56 positivos, tras sumar un máis nas últimas horas. Un xulgado ratificou o illamento obrigatorio dunha das persoas infectadas, o porteiro dunha discoteca de Oleiros, ao ter constancia as autoridades de que estaba rompendo o confinamento. A área sanitaria da Coruña é a que acumula máis casos activos de toda Galicia e medra a preocupación entre a veciñanza.

O foco en Vimianzo obrigou a pechar unha empresa cárnica de Baíñas para desinfectar as instalacións. Inicialmente deron positivo dous traballadores da planta de procesamento. O Sergas confirma que hai cinco infectados por este gromo e que a orixe está nunha doente doutra área sanitaria. Continúa o rastrexo de contactos dos afectados.

 

Noticias web

07/08/2020