CRTVG

Buscar

O gromo da residencia Vila do Conde de Gondomar suma xa 89 usuarios contaxiados

Publicado o 25/11/2020 22:01

• Deron positivo, ademais, 16 empregados

O gromo da residencia Vila do Conde de Gondomar suma xa 89 usuarios contaxiados

O gromo de coronavirus detectado na residencia de maiores Vila do Conde, da localidade pontevedresa de Gondomar, afecta xa a 89 usuarios e a 16 traballadores, segundo confirmaron  fontes da Consellería de Política Social. Nesta residencia pontevedresa detectáranse xa 22 casos de coronavirus entre os seus residentes, tamén un empregado afectado, segundo figuraba no parte deste mércores, con datos recollidos ata o martes. Con todo, as probas realizadas ao resto de usuarios e traballadores con motivo destes contaxios detectaron que a magnitude do gromo é maior. En concreto, atópanse afectados 89 anciáns e 16 empregados.