CRTVG

Buscar

O Granada derrota o Athlétic e mantén o nivel do pasado ano

Publicado o 12/09/2020 22:05


O Granada confirmou que a gran campaña realizada o ano pasado non foi casualidade, que é un equipo maduro. Sufriron un chisco nos primeiros minutos ante o Athétlic de Bilbao pero os leóns non confirmaron con goles o seu dominio. Marcaron os locais, marcou Yangel Herrera á saída dun córner pero o colexiado anulou o tanto ao apreciar falta de Germán a Raúl García.
Porén o venezolano tiña gana de marcar o primeiro gol da temporada 2020-21 na primeira e acadouno nada máis comezar o segundo tempo. Minuto 48.
E pouco despois, no 53, Luis Milla puxo o 2-0 con este golazo. Era a súa estrea na máxima categoría e festexouno deste xeito, cun gran tanto.
Garitano moveu o banco e meteu a Iñaki Williams, coa súa entrada o Athlétic tivo algo máis de chegada pero a mesma ausencia de puntería. E así rematou o partido, coa sensación de que o Athlétic ten traballo por diante e o Granada mantén o estilo.

Noticias web

12/09/2020