'O Gran Camiño' será o nome da volta ciclista profesional por etapas en Galicia
Publicado o 01/10/2021 14:00
Un apuntamento de ciclismo. O Gran Camiño. Así se vai chamar a volta por etapas que se vai celebrar en Galicia en 2022.
O Gran Camiño vaise disputar do 23 ao 27 de febreiro. Catro días de ciclismo profesional cos equipos UCI Pro TOUR que elixirán o territorio da nosa comunidade para preparar as grandes voltas da temporada, Giro, Tour e Volta a España.
Catro etapas, unha etapa por provincia. Cos diferentes camiños polos que pedalearán os ciclistas convertidos en peregrinos.
A Unión Ciclista Internacional vaino facer oficial no seu calendario nas próximas horas.