CRTVG

Buscar

A Revista

O Gradiant, de Vigo, crea un sistema de recoñecemento de caras

Publicado o 15/02/2016 12:51

Imos agora falar de novas tecnoloxías, en concreto dun sistema de recoñecemento facial que detecta o sexo e a idade das persoas. Creado en Galicia, está espertando o interese de empresas doutros países. O que comezou como un proxecto de final de carreira, é hoxe un produto tecnolóxico listo para o mercado. Un enxeño que estima a idade e o sexo das persoas analizando a súa cara.

Está detectando a rexión onde está a miña cara, e desa rexión, colle unha un pouquiño máis pequena, e logo detecta algunhas características que teñen que ver coa forma dos ollos, do nariz, a boca, por exemplo, e con iso o que fai é dar unha estimación do sexo que estima pola miña cara e do grupo de idade no que cre que estou

Pódese empregar para facer estudos demográficos, e saber qué tipo de clientes entran nun establecemento. Pero hai moitas posibilidades máis.

Para adaptar a publicidade a un grupo de persoas específico. Non sempre queres amosar a mesma publicidade á xente nova que á xente máis vella, ou para xerar posibles alertas cando entra un menor nun sitio onde non debe

Vexamos un exemplo de publicidade adaptada á persoa que está mirando.

No anuncio da dereita o que está facendo é adaptar a publicidade a min. No caso de que houbese unha parella, amosaría outro tipo de anuncio, e no caso de que houbese unha muller, cambiaría de novo o anuncio e aparecería algo máis adaptado

Este novo enxeñeiro desenvolveu o sistema traballando no Gradiant, o centro tecnolóxico TIC de Galicia, situado en Vigo. O producto xa estivo en probas en establecementos do Reino Unido, país onde se está dando a coñecer en feiras e publicacións. Esta e outras tecnoloxías punteiras creadas na nosa comunidade amosan o potencial de Galicia, tamén no ámbito da investigación e o desenvolvemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
releyeble #1
15/02/2016 23:21:57
Se ve que en Galicia somos punteros en esta tecnología ya que en 2014 ya teníamos prototipos testando el mercado como se ve en el siguiente video https://www.youtube.com/watch?v=WOtQC-ZgKZE

A Revista

15/02/2016