CRTVG

Buscar

O "Govern" reúnese no gabinete de crise para analizar a situación en Cataluña

Publicado o 19/10/2019 10:17

O Govern retomou este sábado no Palau da Generalitat a reunión do gabinete de seguimento da situación que se vive en Cataluña. Analizan os incidentes acontecidos en Barcelona, Tarragona, Xirona e Lleida...
O gabinete de crise está presidido polo president Quim Torra e o vicepresidente Pere Aragonés. 

Tras a reunión de onte á noite, o Govern afirmou nun comunicado que é "imprescindible illar os grupos violentos" e reclamou á cidadanía que participe de forma "cívica e pacífica" en todas as manifestacións. Pere Aragonés na súa conta de Twitter escribiu: "As marchas pola liberdade son a nosa expresión como movemento. A violencia non nos representa, deixemos só a quen queira disturbios. Non máis violencia, somos xente de paz".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019