CRTVG

Buscar

O Govern de Puigdemont non recoñece a súa destitución

Publicado o 28/10/2017 13:56
O Govern de Puigdemont non  recoñece a súa destitución

O Govern de Carles Puigdemont, que non se dá por destituído, ten previsto reunirse durante o día de hoxe con diversas tarefas sobre a mesa, entre elas debater a posibilidade de convocar unhas eleccións "constituíntes" para finais de ano, explicaron a axencia Efe diversas fontes.

Onte, despois de que o Parlament aprobase unha resolución cos votos de Junts pel Si e a CUP, na que se declara un "Estado independente en forma de república", o Govern de Carles Puigdemont xa se reuniu pola tarde para tomar as primeiras decisións, pese a que o Executivo de Mariano Rajoy ordenou o seu cese, en aplicación do artigo 155 da Constitución.

Os membros do Govern non contemplan acatar o seu cese e preparan os seguintes pasos a dar para desenvolver o encargo recolleito na resolución aprobada onte polo Parlament.

Sobre a mesa, segundo as fontes consultadas, figurará a análise dos escenarios que se abren a partir de agora, incluída a posibilidade de convocar eleccións "constituíentes" para antes de final de ano.
 

Mentres tanto, a Fiscalía Xeral do Estado ultima unha querela por un delito de rebelión contra os artífices da declaración de independencia aprobada polo Parlament, unha acción penal que afectará polo menos aos membros do Govern e aos da Mesa do Parlament que permitiron a votación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí